AGE esixe á Xunta que arranxe os problemas coas listas de admisión no CEIP Isaac Peral

O grupo parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) vén de presentar unha pregunta para a súa resposta en comisión oral na que se pide información sobre a problemática xurdida no CEIP Isaac Peral tras quedar fóra da lista de admitidos para 4º de Infantil (3 anos) para o vindeiro curso un total de 13 rapaces que xa teñen irmáns estudando no devandito centro educativo.
Para AGE estase a producir un trastorno intolerable para as familias que por área de influencia  lles corresponde ese colexio e que ademais teñen xa nenos e nenas escolarizados nel, atopándose agora na circunstancia, din desde AGE, “de ter que matricular o irmán ou irmáns en distintos colexios”. Por iso, solicitan información sobre as actuacións que ten pensado levar a cabo a Xunta de Galicia para solucionar esta problemática.

AGE esixe á Xunta que arranxe os problemas coas listas de admisión no CEIP Isaac Peral

Te puede interesar