Orquestras, tradición e teatro nas festas patronais en Pontedeume

Orquestras, tradición e teatro nas festas patronais en Pontedeume
a saída dos mómaros é outra das atraccións máis seguidas durante as festas patronais jorge meis

As Festas das Peras, as celebracións patronais de Pontedeume, comezarán o sábado 7 coa lectura do pregón e rematarán o día 11 coa xira ó río Eume. Serán cinco xornadas entregadas á tradición, á música e tamén, nesta ocasión, cunha especial dedicación ó teatro, coa actuación de Malasombra coa comedia “Misión Sapiens” o domingo 8 e coa presenza tamén de grupos locais como Arjé (con rapaces dos instititutos) ou Dame Cuerda que Teatro, que estrearán o día 10 “No hay ladrón que por bien no venga”.
As orquestras serán un dos atractivos destes días de festa, coa presenza de Tambo, Alarma, Claxxon, Panorama (o martes 10, día da sesión de fogos artificiais) e, como peche, Nueva Generación. As funcións serán na praza do Conde, escenario que foi gañando puntos nos últimos anos porque permite maior visibilidade que a Alameda (onde se celebraba tradicionalmente a verbena) e tamén resulta máis asequible para introducir os camións das orquestras.
A primeira gran cita das Peras será o pregón, o sábado 7, a última hora da tarde, desde o balcón do Concello. A persoa encargada de inaugurar os festexos será o xornalista Antonio Amado, que traballa para a axencia EFE.
O domingo hónrase á Virxe das Virtudes e, de seguido, celébrase a cucaña entre as dúas pontes. Xa o luns a tradición pasa pola celebración do concurso de froitas na Alameda e o martes 10 a quen se honra é a San Nicolás de Tolentino, repartindo pequenos bolos benditos. A medianoite realízase a sesión de fogos artificiais. Xa o día 11 é o momento de subir en barco río arriba, para compartir o xantar nas beiras do Eume.

Orquestras, tradición e teatro nas festas patronais en Pontedeume

Te puede interesar