Alberto Cardona gaña o premio Curuxa do Humor deste ano

Alberto Cardona gaña o premio Curuxa do Humor deste ano

O traballo presentado por Alberto Cardona Valcárcel resultou gañador do premio Curuxa do Humor 2016, dotado con 2.000 euros. O xurado destaca o pouso que deixa a historia, aberta, de humor negro, cunha excelente resolución gráfica acorde coa temática abordada.
O segundo premio, dotado con 1.500 euros e diploma, foi para o traballo presentado por Antón Lezcano González. O xurado destacou o seu humor directo e moi galego, contrapoñendo a modernidade con aquilo que funcionou toda a vida.
Pola súa banda, na categoría de menores de 25 anos o primeiro premio, dotado con 1.000 euros e diploma, foi para o traballo presentado por Cristian Fojón Caruncho co título “Adaptación ao medio”. O xurado salienta a grande calidade gráfica e orixinalidade no aproveitamento dun tema de actualidade nas redes sociais para plasmalo de xeito humorístico en cómic.
O segundo premio, dotado con 500 euros e diplomafoi para Alba Souto. O xurado valorou o seu estilo persoal, o traballo da cor e a crítica social reflectida na denuncia da contaminación.

Alberto Cardona gaña o premio Curuxa do Humor deste ano

Te puede interesar