Co período de reserva de praza nos centros adscritos –que se prolongará ata o 15 de febreiro– a Consellería de Educación deu o pistoletazo de saída ao proceso de admisión de alumnado para o vindeiro curso académico. Entre o 1 e o 20 de marzo abrirase o prazo de presentación de solicitudes para o alumnado novo. Este ano, por primeira vez, os trámites poderán facerse a través dunha aplicación informática que ten por obxectivo facilitar a xestión das familias e tamén dos centros.
Desde xeito, segundo se informa desde a propia Administración educativa, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial. A modificación leva consigo, ademais, “a adaptación do proceso de admisión á última normativa aplicable ao respecto no referido aos servizos de administración electrónica e de procedemento administrativo común.
A aplicación informática, ás que se accede na dirección www.edu.xunta.es/admisionalumnado, posibilita que as familias, xa para o proceso ordinario que se iniciará o vindeiro día 1 de marzo, cubran a solicitude na aplicació, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valore, e poidan presentala de forma presencial no centro ou por vía electrónica a través da devandita aplicación.
estado
Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude.
Pola súa parte, tal e como salientan desde a Consellería, os centros de ensino xestionarán e tramitarán as súas solicitudes directamente a través da aplicación, “o que suporá simplificar a xestión administrativa que teñen que desenvolver no proceso. n