Ferrández e Cristina Prieto firman libros na Central

A Central Librera da rúa Dolores segue cunha actividade frenética durante o Nadal. Onte mesmo firmaba alí exemplares de “Siempre habrá un lugar para soñar” o escritor Luis Anguita Juega, fiscal e docente na Universidade da Coruña.

Esta tarde, e tamén mañá, véspera de Reis, volverán contar con autores que aproveitarán uns momentos do día para firmar exemplares e falar cos seus lectores. Así, hoxe, a partir das seis, compartirán espazo Guillermo Ferrández (coa quinta reedición da exitosa novela “Conacho”) e a novísima Cristina Prieto Solano, autora de obras como “Él, ella” ou “La era de la oscuridad”.

O día 5 volverá estar na libraría que rexenta Miguel Justo Guillermo Ferrández, que ten publicadas tamén obras como “El ferrolano” ou “Ferrol, la llave inglesa”. Será, de novo, a partir das seis da tarde.

Ferrández e Cristina Prieto firman libros na Central

Te puede interesar