Antonio Fraga gaña o premio Jules Verne de Xerais con “santoamaro”

Antonio Fraga gaña o premio Jules Verne de Xerais con “santoamaro”
O eumés Antonio Fraga é o gañador da XII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil que convoca Xerais e que está dotado cun 10.000 euros, ademais da publicación da obra, previsiblemente en abril. A s&uac

O eumés Antonio Fraga é o gañador da XII edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil que convoca Xerais e que está dotado cun 10.000 euros, ademais da publicación da obra, previsiblemente en abril. A súa novela “santoamaro” impúxose ás outras vinte e tres candidatas e recibiu o eloxio unánime do xurado, que destacou a súa permeabilidade coas estruturas teatrais, a axilidade dos diálogos e a capacidade para manter a tensión narrativa ata a última páxina. 

“santoamaro” é o nome do grupo de WhatsApp creado por un grupo de rapaces e rapazas que veñen de rematar o segundo curso de bacharelato e que deciden reunirse as noites dos sábados do verán nesa praia coruñesa. Neste tempo, o autor desenvolve a trama, recollendo as inquedanzas, desexos e temores diante dun cambio vital. 

O autor, que xa gañara en 2013 o Merlín con “O Castañeiro de Abril”, expresou onte a súa ledicia por ter logrado o galardón cunha obra que, sinalou, “supuxo un dobre reto”. Así, explicou que con este texto “saín da miña zona de confort” e dos esquemas nos que se moveu nas súas ficcións anteriores, arriscando no contido e, sobre todo, na forma a través dun “diálogo constante co teatro”.  Por outra banda, lembra, este libro é o primeiro da súa paternidade, cos cambios na organización do traballo que trouxo consigo. “Dalgunha maneira, é o primeiro libro da miña nova vida”, comenta. 

Para a construción dos personaxes, outro dos aspectos que resalta o xurado, o autor tirou da experiencia propia. “Traballo con cativos e cativas desa idade e observalos é moi importante; é unha aprendizaxe constante e teño que dicir que me sinto fascinado por esta xeración, menosprezada ás veces pero que ten moitísimo que dicir”, afirma.

Antonio Fraga gaña o premio Jules Verne de Xerais con “santoamaro”

Te puede interesar