A Graña abre a súa XV Semana Cultural agradecendo o seu traballo a Eugenia Bernárdez

A Graña abre a súa XV Semana Cultural agradecendo o seu traballo a Eugenia Bernárdez
Local social da AVV Rosalía da GrañaComeza a Semana Cultural cunha homenaxe a Eugenia Bernárdez

Comezou onte en A Graña a XV edición da súa Semana Cultural, unha cita que trata de reivindicar a actividade no fermoso barrio ferrolán. A cita organizada pola Asociación de Veciños Rosalía terá ata o próximo sábado un programa diario que, en palabras da presidenta da entidade, Azucena Muíños, foi “complicado” aínda que se enorgulleza de ter cumplido quince edicións.
Esta primeira xornada no local social da entidade tivo como protagonista á ATS do barrio, Eugenia Bernárdez, unha profesional que compartiu traballo co doutor Carlos Piñeiro e que leva xa 18 años atendendo aos veciños. O cariño dos mesmos manifestouse nun acto que contou coas palabras de Muíños así como da concelleira de Turismo, María del Carmen García Fraga (o alcalde tampouco puido asistir este ano por problemas de axenda), que lle entregaron unha placa conmemorativa e unha estatua de Rosalía feita en Sargadelos a unha emocionada e agradecida Bernárdez.
Trala xornada inaugural, hoxe ás 20.00 horas o local social da AVV acolle un novo acto pero de signo diferente. Trátase dunha conferencia que estará impartida pola escritora Blanca Quintanilla Rico baixo o título de: “¿Qué tal en busca del tiempo perdido?”. Nela, tratará de lembrar e repasar a época en que os pequenos xogaban a xogos tradicionais (corda, galiña cega, etc.) fronte aos tempo actuais en que os máis novos empregan o seu tempo diante dos videoxogos e outras propostas sempre vencelladas coa tecnoloxía e os novos soportes técnicos.
Esta charla entronca coa actividade de mañá, que consistirá nunha toma de contacto con xogos tradicionais no parque local a partir das 18.00 horas. n

A Graña abre a súa XV Semana Cultural agradecendo o seu traballo a Eugenia Bernárdez

Te puede interesar