Aberta a inscrición na vixésimo terceira edición dos Encontros Pedagóxicos

Os vixésimos terceiros Encontros Pedagóxicos de Ferrolterra organizados pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e a CIG-Ensino arrancan o vindeiro luns, día 15, no salón de actos do sindicato en Esteiro.
O coordinador das xornadas, Xosé Antón Ferreiro, explicou que xa está aberto o prazo de inscrición nas mesmas e que o prezo da matrícula ordinaria é de 60 euros, 40 para os desempregados e 20 para socios e afiliados das entidades organizadoras.
Como xa é costume, os Encontros pretenden non só favorecer o intercambio de experiencias e traballos entre os participantes para podelos incorporar ou aplicar nas súas propias aulas, senón tamén a contribuír á normalización da lingua galega, atender as demandas formativas do profesorado e, ademais, dar un enfoque  “renovador e rexenerador” á  docencia para adaptala ás demandas do século XXI.
Os eixos desta edición son dous: os relacionados coa Lomce que comeza a aplicarse este curso e con ferramentas técnicas innovadoras susceptíbeis de seren levadas ás aulas, así como os que teñen que ver con aspectos transversaris, como a situación do galego e a violencia de xénero, entre outros. Os interesados poden informarse na sede comarcal da CIG en Esteiro. n

Aberta a inscrición na vixésimo terceira edición dos Encontros Pedagóxicos

Te puede interesar