Críticas á Academia Galega (XCI)

Críticas á Academia Galega (XCI)
Francisco Ponte Blanco

O día 2 de febreiro de 1923, como é sobradamente coñecido, morreu Manuel Martínez Murguía, presidente que era da Real Academia Galega desde a súa posta en marcha en 1906. Como xa deixei constancia nestas entregas, tanto nos actos que organizou o Concello coruñés para honrar o ilustre defunto como no propio enterro tivo destacada presenza a Irmandade da Fala da Coruña e particulamente Peña Novo, non só polo feito de ser concelleiro. Á institución académica cumpríalle, pois, elexir un novo presidente. Así o fixo en Xunta extraordinaria celebrada o 12 de maio de 1923.

A prensa diaria fíxose eco do acto. O diario El Orzán do día seguinte daba conta do sucedido no solto “En la Academia Gallega / Homenaje a Murguía.- Elección de cargos.- Dos nuevos académicos” que dicía:
“Ayer celebró su anunciada junta general la Real Academia Gallega, asistiendo al acto todos los académicos aquí residentes y dándose cuenta de los poderes recibidos de los de las cuatro provincias de la región.
Presidió el Sr.Martínez Salazar, quien leyó unas sentidas cuartillas en elogio del primer presidente de la docta corporación recientemente fallecido D.Manuel Murguía que fueron oídas con muestras de aprobación.
Después se procedió a abrir los sobres que contenían las candidaturas para los cargos vacantes, resultando elegidos por unanimidad, para presidente D. Andrés Martínez Salazar, y para tesorero, don Francisco Ponte y Blanco, quienes se posesionaron en el acto e hiciern patente su gratitud sentida por la prueba de confianza que acababa de dárseles.

Fueron luego aceptados, también por unanimidad, los dictámenes de que se dió lectura, proponiendo la admisión como académicos de número de D. Vicente Risco y D. José Pan de Soraluce”.
Dous días despois, o 15 de maio, era El Ideal Gallego, no solto “Los nuevos cargos en la Real Academia Gallega”, que publicitaba o acontecido na xunta académica:
“En la Junta general extraordinaria y por el voto unánime de los académicos de número presentes y ausentes que enviaron su representación, fueron elegidos para presidente y tesorero, respectivamente, de esta docta Institución el insigne publicista don Andrés Martínez Salazar y el distinguido coruñés dos Francisco Ponte y Blanco, a quienes de veras felicitamos”.
Nese mesmo número figuraba, así mesmo, noticia dos oficios que a popular sociedade coruñesa “Reunión de Artesanos” dirixira a Martínez Salazar e Ponte Blanco “comunicándoles la satisfacción conque dicha Sociedad, a cuya Junta de Gobierno han pertenecido dichos señores, ha visto su nombramiento para los cargos de presidente y tesorero, respectivamente, de la Real Academia Gallega”.

Ese mesmo día, 15 de maio de 1923, tocáballe ver a luz a un novo número d’A Nosa Terra, nesa altura editado quincenalmente, e nel vai aparecer o texto “Real Academia Gallega / O novo Presidente”, onde se daba conta de que a xunta desta “entidade cultural” -así a denomina- na súa sesión celebrada o día 12 elixira por unanimidade Andrés Martínez Salazar para substituír no cargo ao falecido Manuel Murguía. Para o autor do texto, o novo presidente tiña “méritos d’abondo para ser elexido”. Ademais, “inda que astorgano, tivera sempre para a nosa Terra verdadeiro amor e prestoulle o servicio do seu talento e do seu traballo”. Por todo iso dábanlle os parabéns e agardaban “moito bon proveitoso para a Academia e para o engrandecimento das letras gallegas”. Non obstante, o anónimo articulista víase na obriga de pór de manifesto un pero: “O único de que nos doemos, como nazonalistas que somos, é que non se atopara digno de presidir â Academia Gallega á ningún gallego”.
Particularmente, chámame a atención en que se faga fincapé no feito de que Martínez Salazar non fose galego de nación e non en que tivese desenvolvido todo o seu labor ao servizo da cultura galega en español, factor, ao meu xuízo, menos meritorio á hora de ocupar o posto para o que era elixido.Se cadra non hai alusións a ese feito debido a que iso mesmo fora o que fixera o grande Murguía.

A noticia finaliza dando conta de que nesa mesma sesión se presentaran as propostas de novos académicos: Pan de Soraluce, director de ‘El Orzán’, e Vicente Risco, xefe supremo da I.N.G.
Lembremos que a candidatura de Risco, como xa se dixo en entrega anterior, fora presentada por Murguía -agora falecido-, Eladio Rodríguez e Manuel Lugrís Freire, estes últimos con vinculacións coa Irmandade da Fala.

O boletín nacionalista, no número seguinte, aparecido o 1º de xuño, insistía no asunto no solto “A Real Academia Gallega / Unha vergonza mais”, desta volta utilizando unha terminoloxía máis dura, como xa se ve claramente no título. O anónimo articulista, comezaba falando da denominación da entidade e do idioma que empregaba: “A ‘Academia Gallega’, que para non ser galega nin no nome, chámase ‘Real’, e ademais fai todol-os traballos en castelán”.
Se ben volvía insistir no respecto que lle merecía a figura de Martínez Salazar -”Home culto, home bon, home traballador e venerable, cuia longa e fecunda vida foi sempre merecente do noso aprauso”- insistía tamén na súa condición de non galego e de aí que a súa elección para presidir a Academia supuxese “unha vergonza para Galicia”. O autor do artigo entendía que se entre todos os académicos galegos non había un que fose merecente da presidencia cumpría “por decoro que a Academia se peche para sempre”, ao tempo que tiraba a conclusión de que se os académicos galegos non tiñan “valimento científico” tampouco tiñan “sentimento patriótico” ao ter elixido por unanimidade a un non galego. O artigo acababa co seguinte lamento: “¡Pobre Nai Galicia, a canto desleigamento chegaron os teus fillos! Sempre gobernados por xente allea, sempre bicando a man a quen-os desprecia, sin un pulo de dinidade nin un xesto de gallardía!”.

A opinión a este respecto da institución académica, en boa lóxica era ben diferente. Así, no seu Boletín de la Real Academia Gallega de 1º de xuño de 1923 -pechado, con bastante probabilidade, coñecendo o dito na primeira valoración d’A Nosa Terra-, no artigo “El nuevo presidente”, manifestaba que “Si los gallegos no constituimos una raza de descastados y desagradecidos, la elección del Sr. Martínez Salazar era cosa obligada, siquiera no sea más que como demostración de que sabemos estimar el bien que se nos hace. Por eso fué, como tenía que ser, acogida con satisfacción y con beneplácito por todos aquellos que saben los respetos, los cariños y las veneraciones que merece quien, sin ser gallego, lleva consagrados por entero a Galicia y a las cosas de Galicia más de cuarenta años de constantes desvelos, de abnegados servicios y de fructíferos estudios históricos y literarios”.

Entendo, ademais, que as opinións do voceiro nacionalista deberon ter que ver coa aparición dalgún solto na prensa diaria como o titulado “Real Academia Gallega / El nuevo presidente”, que publicou El Orzán no seu número de 22 de maio.Nel daba conta da recepción dun “atento besamanos” de Andrés Martínez Salazar, comunicando que tomara posesión do cargo de presidente da Real Academia Galega para o que fora recentemente elixido, ofrecéndose cortesmente. A noticia dicía que o xornal lle remitira “una efusiva y cariñosa felicitación, complaciéndonos del acierto de la docta corporación al elegirle para un cargo para el cual le abonan sus indiscutibles méritos literarios, sus estudios bibliográficos y su acendrado amor a Galicia, tantas veces demostrado”. Engadía que o cronista da Coruña conquistara “por derecho propio” o posto ao que o elevaran os seus compañeiros da Academia “en el cual mucho cabe esperar de sus excepcionales cualidades en favor del idioma regional y de cuanto en el orden literario y artístico interesa a Galicia”.
Sempre me chamou a atención, ademais, que neses dous escritos nacionalistas non figurase nin a máis mínima alusión á elección do alcalde Ponte Blanco como tesoureiro, porque entendo que nese caso si había razóns de abondo, como habemos ver, para facelo.

Críticas á Academia Galega (XCI)

Te puede interesar