As Somozas construirá un centro social destinado á terceira idade

As Somozas construirá un centro social destinado á terceira idade
Diario de Ferrol-2019-02-10-017-d24e5f5d

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Fomoso, e o alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, asinaron nas últimas horas na sede da institución provincial un protocolo de intencións entre ambas administracións para o cofinanciamento das obras de construcción dun Centro Cívico e Sociocultural que funcionará como centro de reunión e atención aos maiores da vila, tal e como informan desde a institución provincial.

O orzamento previsto para a execución desta obra ascenderá a 690.576,65 euros, dos cales a Deputación achegará o 29% do total, o que supón unha cantidade de 200.000 euros, segundo se estipula no texto do protocolo. Nese documento se detalla tamén que este novo servizo, moi demandado nun concello como o de As Somozas cunha poboación moi envellecida, terá como obxetivo mellorar a calidade de vida das persoas maiores, a través da promoción de actividades socio-culturais, ocupacionais, artísticas e recreativas. Actividades todas elas encamiñadas a previr as situacións de deterioro físico ou cognitivo que van unidas ao proceso de envellecemento, e todas aquelas que fomenten as relacións interpersoais e de convivencia con estas persoas de avanzada idade.

Segundo se informa desde a administración provincial, este centro dará servizo ás persoas maiores do concello das Somozas, pero tamén dos municipios veciños, estimando como posibles  usuarios preto de 750 vecinos da propia vila e ata unhas 2.500 persoas dos municipios limítrofes.

As actividades que se desenvolverán no devandito centro estarán orientadas á potenciación, á participación e á integración dos maiores na vida da comunidade, favorecendo unha vellez activa.

As Somozas construirá un centro social destinado á terceira idade

Te puede interesar