O espírito das Cantigas de Alfonso X, no Ateneo Ferrolán

O espírito das Cantigas de Alfonso X, no Ateneo Ferrolán
Ateneo presentación Cantigas de Alfonso X

As Cantigas de Santa María de Alfonso X inspiraron o acto que onte se celebrou no Ateneo Ferrolán. Así, o cantante, escritor e profesor Antón de Santiago presentou o seu libro “Custodio ou a fe do carboeiro”, acompañado pola tamén profesora Eva Ocampo. Así mesmo, o artista ferrolán Pedro Castro inaugurou  unha exposición de pinturas sobre as cantigas e as tradicións mitolóxicas e populares de Galicia. O pintor foi presentado polo historiador Andrés Pena Graña.  
O acto contou tamén cunha intervención musical na que Antón de Santiago fixo o papel de barítono, acompañado da soprano Victoria Álvarez Acón, o percusionista Tito Cabezas e, á guitarra clásica, Mónica Pita. Todos eles interpretaron unhas cantigas medievais.

O espírito das Cantigas de Alfonso X, no Ateneo Ferrolán

Te puede interesar