O Ateneo acolle desde onte a exposición “Luces de Alén Mar”

O Ateneo acolle desde onte a exposición “Luces de Alén Mar”
ateneo exposición luces de alén mar

O Ateneo Ferrolán acolle desde onte na súa sede a exposición “Luces Alén Mar”, impulsada polo Consello da Cultura Galega e que achega, a través dos seus paneis, un percorrido cronolóxico e xeográfico sobre a historia da emigración a Cuba.
Esta é unha das mostras que formarán parte do programa do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns” que desde o venres e ata o domingo terá lugar na devandita entidade cultural. As outras dúas propostas expositivas centraranse na emigración das xentes de Ferrol, Eume e Ortegal na devandita illa así como nalgúns dos obxectos singulares que dalgún xeito reflicten a relación entre os dous lugares. 
Todas elas complementarán o contido dun congreso que permitirá, entre outras cousas, a divulgación de traballos de investigación relacionados co tema, así como a celebración de debates e mesas redondas ou recitais poéticos e musicais.

inscricións
Aínda que para asistir ao encontro non é preciso apuntrase, xa que a entrada será libren e gratuíta, a entidade cultural abre a posibilidade de formalizar a inscrición como unha forma de apoio ás actividades que se realizan. Neste caso, prezo sería de 12 euros para os socios do Ateneo e 15 para todos os demais. Os inscritos recibirán todo o material do Congreso (un libro editado para a ocasión, un disco do Premio Constantino Bellón celebrado no Ateneo, unha charpa e outro material”. Tamén poderán beneficiarse dun desconto na tenda da que disporá o congreso. Os interesados terán que enviar un correo cos datos personais ao propio Ateneo ou ben pasar pola súa sede.
Desde a organización salientan a diversidade e calidade das propostas presentadas para participar no congreso, investigación que, según indican desde o Ateneo, “contribuirán a un mellor coñecemento público dunha parte importante da nosa historia, que por circunstancias de desenvolveu en parte fóra do ámbito xeográfico das bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal”.

O Ateneo acolle desde onte a exposición “Luces de Alén Mar”

Te puede interesar