Os defuntos visitan hoxe o antigo cine Adriano

Os defuntos visitan hoxe o antigo cine Adriano
Unha das sillas do proxecto do colectivo

Unha semana despois da celebración do día de Defuntos, o colectivo Patio de Butacas, que ten por obxectivo recuperar e dinamizar como espazo cultural e social o antigo cine Adriano de Fene, fixou para esta tarde a celebración do seu Samaín. A cita, que dará comezo ás 20.30 horas, incluirá nunha primeira parte lecturas teatralizadas de textos de Rosalía de Castro, Edgar Allan Poe e Fernando Patricio & Eugenia Sanmartín a cargo do grupo A Tenencia Teatro. A continuación proxectarase un clásico do cine de terror, a película Frankenstein (1931). No decurso da xornada venderanse ademais rifas para o sorteo dunha das silla pintadas por artistas do colectivo Patio de Butacas para recadar fondos e que, á marxe deste sorteo, poden ser adquiridas a un prezo de 35 euros. l

Os defuntos visitan hoxe o antigo cine Adriano

Te puede interesar