Albíscase o seu fin

Fai uns días unha parte da sociedade desta comarca quedabamos escandalizados, coa sentenza acordada entre as partes no xuízo do falso médico e a súa dona. Sen entrar no tema, soamente preguntarse, como e posíbel que dúas persoa sen estudos nin profesións de ningún tipo, aparezan da noite a maña, con miles de millóns das vellas pesetas, innumerábeis inmobles etcétera e aquí ningunha administración do estado, abra unha investigación seria e contundente ou pregúntese, de onde saen e quen está detrás, desa moreira de cartos e propiedades. Porque o que está claro, é que detrás destes dous presuntos psicópatas, hai todo un entramado mafioso, ancorado perfectamente dentro das institucións e protexido socialmente.


Máis deixando este tema, isto que esta a suceder non é máis, que o produto fecal e pestilente tan necesario para o sistema capitalista, o cal necesita destas inmundicias humanas para a súa supervivencia. Un sistema que xa leva anos facendo auga, onde empeza a albiscarse o seu fin. E aínda que o sistema quer sobrevivir e con certeza sobrevivirá aínda certo tempo, é certo que o modelo está esgotado. Levamos anos oíndo falar de desenvolvemento sostíbel, economía circular, Green Deal etcétera, palabras que soan moi ben, máis quen lidera estes términos imposíbeis, son os mesmos que produciron este colapso medioambiental, esta deshumanización da sociedade, estas tremendas inxustizas non so dentro das nosas sociedades senón co resto dos povos. Porque a única finalidade de esta nova terminoloxía, é que o poder continúe perpetuándose no control dos recursos e seguir co mesmo sistema. E digo términos imposíbeis, xa que o noso sistema de vida non se pode manter por moito Green Deal ou como queiramos chamalo. Hai que ir facéndose a idea, de que non vai haber para todo o mundo coches eléctricos, sinxelamente porque os minerais cos que se fan por exemplo as baterías ou motores esgotaríanse en un período breve de tempo. Nin vai ser posíbel que a enerxía eólica cumpra as expectativas que estánselle dando, xa que para facer os motores dos aero- xeradores necesítanse hoxe en día polo menos tres tipos diferentes de minerais dos denominados raros, debido a que non abundan na natureza. E aínda que a ciencia avance e consiga novos compoñentes que substitúan a estes, o que esta claro, é que o planeta e os seus recursos son finitos e non pode seguir baseándose o crecemento da economía, no consumo ilimitado.


Xa para rematar na Suíza a xente é raro que teña un aparello de moer o café na casa ou por exemplo unha lavadora. Nas comunidades hai un espazo con unha lavadora, ademais dun sitio onde secar a roupa para todas as veciñas, as cales fan quendas para lavar. Nos centros comerciais a saída do supermercado, tes un aparello gratuíto onde xente moe o café. En definitiva teremos que pensar que moitas cousas teremos que aprender a compartilas, que a obsolescencia programada ou o que é peor, a obsolescencia percibida non poden continuar, que nosa vida nun futuro poderá ser cómoda, máis non opulenta e que o termino riqueza terá que ter un novo significado.

Albíscase o seu fin

Te puede interesar