Obradoiros, pasarrúas de cabazas e certame de curtas animarán o Samaín cedeirés

Obradoiros, pasarrúas de cabazas e certame de curtas animarán o Samaín cedeirés
Diario de Ferrol-2017-10-20-014-36205198

Cedeira quenta xa motores para a celebración, ao longo da vindeira semana, do Samaín. Aínda que as xornadas centrais da programación terán lugar o venres 27 e sábado 28, desde o luns haberá actividades dirixidas ao alumnado do colexio Nicolás del Río organizadas polo Concello coa colaboración da ANPA Picapeixe.

Obradoiros de decoración de camisetas, de chapas e manualidades serán algunhas das propostas que terán como escenario a Sala Áncora (desde as cinco ás oito da tarde). Sesións de contacontos e a presentación do libro “Catro contos de medo”, prevista para as oito da tarde do próximo xoves, completarán as citas dirixidas aos escolares.

Ademais, desde o mércores está aberto o prazo para participar no concurso de “Curtas Samaín”. Os interesados poden entregar o material na Oficina de Turismo ou empregando a aplicación “wetransfer” ao correo amigosdesamain@gmail.com.

A celebración vivirá o venres 27 e sábado 28 as súas xornadas máis intensas. Na primeira haberá obradoiros de colares de zonchos e de pintura para os máis pequenos (17.00 horas) e a actuación de Paco Nogueiras a partir das 19.00 horas.

Concurso

A festa, recuperada pola Asociación de Amigos do Samaín hai agora case trinta anos, continuará o sábado co concurso de cabazas e melóns, a tradicional xincana, a “merendola do outono” e o pasarrúas de cabazas pola zona vella da vila a partir das 19.30 horas. A partir das oito da tarde procederase á entrega de premios.

Para coñecer os traballos presentados ao certame de curtas haberá que agardar ao día 1 de novembro, nun acto previsto no Auditorio a partir das 19.30 horas.

Obradoiros, pasarrúas de cabazas e certame de curtas animarán o Samaín cedeirés

Te puede interesar