Díaz Castro recibe o cariño do Club de Prensa no acto que abre as homenaxes en Ferrol

Club de prensa homenaje Xosé María Díaz Castro
|

O Club de Prensa de Ferrol foi a entidade máis madrugadora á hora de comezar as homenaxes e os recordos á figura de Xosé María Díaz Castro neste ano que se lle adica o Día das Letras Galegas. Así, o salón de actos da Fundación Novacaixagalicia acolleu un cariñoso acto presentado polo xornalista Germán Castro, exdirector de Diario de Ferrol e parente do escritor homenaxeado. A celebración comezou coa intervención do director de cine Xosé Antón Cascudo, responsable do traballo documental “O instante eterno”, no que se analiza a figura de Díaz Castro. Posteriormente proxectouse media hora do citado documental.

amizades
Alternando o coñecemento directo e a erudición sobre a figura do poeta e tradutor de Guitiriz, falaron tamén o crego Alfonso Blanco Torrado e o profesor Armando Requeixo, habitual colaborador de Diario de Ferrol. O primeiro comentou a relación persoal estreita que mantivo con Díaz Castro, mentres o segundo fixo referencia á faceta menos coñecida do escritor, as súas traducións de diversas linguas así como a súa poesía noutros idiomas.
Para rematar a homenaxe do Club de Prensa en Novacaixagalicia, o acto contou coa participación do músico e cantante mugardés Xoán Rubia, tamén habitual colaborador de Diario de Ferrol, e primeiro adaptador do célebre poema de Díaz Castro “Penélope”, que interpretou varios textos musicados do poeta.

Díaz Castro recibe o cariño do Club de Prensa no acto que abre as homenaxes en Ferrol