Berrogüetto remata en Narón a súa “xira de andar por casa”

un momento da actuación onte da popular banda luis polo
|

A popular banda galega de folk Berrogüetto puxo onte fin no Pazo da Cultura de Narón á súa “xira de andar por casa”, unha serie de concertos iniciada o pasado mes de decembro en seis localidades de Galicia.

O grupo interpretou en Narón unha selección das pezas máis populares dos seis discos publicados polo septeto ata a actualidade, desde “Navicularia” ata “O pulso da terra”. O grupo de Anxo Pintos, Guillerme Fernández, Quico Comesaña, Santiago Cribeiro, Isaac Palacín, Quin Farinha e Xabier Díaz ofreceu unha actuación acústica para despedir este ciclo de concertos doméstico.

 

narración oral

O próximo venres 18 e sábado 19 o Pazo da Cultura de Narón acollerá o Festival Internacional de Narración Oral. Na primeira xornada pasará polo café-teatro o reputado contacontos andaluz Pepe Maestro a partir das 20.30 horas. O sábado, desde as 20.00 horas, actuarán Avelino González, Coralia Rodríguez, Féliz Albo e Marissa Amado Vargas, despedindo a cita novamente Pepe Maestro.

Berrogüetto remata en Narón a súa “xira de andar por casa”