Mundo Xogo en As Pontes e “Na boa onda” en Valdoviño

|

A Semana Santa implica, entre outras moitas cousas, vacacións escolares, de aí que moitos concellos programen actividades para ocupar o tempo dos rapaces. En As Pontes, por exemplo, propoñen achegarse ao Mercado Vello para gozar das actividades propostas no marco de “Mundo Xogo”. O programa arrancou o pasado sábado e prolongarase ata o domingo día 20. Desenvólvese en horario de 10.30 a 13.30 horas polas mañás e de 16.00 a 20.00 horas polas tardes, inclúe como novidade na actual edición unhas zonas de xogo de Playmobil. O espazo de obradoiros de arcilla, actividades de cociña, futbolín ou videoxogos son outras das alternativas.

talleres
En Valdoviño, pola súa banda, regresa una nova edición do programa “Concilia”, no que se se inclúen talleres creativos a cargo de “Mundo Piruleta”. Estes serán variados (contos, música, cociña, teatro ou maxia) e terán lugar hoxe, mañá e o mércores e o día 21 (de 10.00 a 14.00 horas). O mércores haberá ademais un obradoiro para a realización de un videoforum para rapaces de 12 a 16 anos. Será a partir das 18.30 horas.

Mundo Xogo en As Pontes e “Na boa onda” en Valdoviño