Música, maxia e xantar popular entre as propostas da Romaría de Santa Marta de Cabanas

Música, maxia e xantar popular entre as propostas da Romaría de Santa Marta de Cabanas
Os catro días de festa permanecerá aberto no paseo da Madalena o Mercadillo de Santa Marta | daniel alexandre

Son as principais festas do municipio e iso merece un programa de actividades que estea á altura. Concertos, cine, circo, maxia, xantar popular ou deporte, entre outras propostas, estarán presentes desde hoxe e ata o domingo en Cabanas co gallo da Romaría de Santa Marta.
Desde hoxe, ás 13.00 horas, permanecerán abertos os postos nos que, un ano máis, poderán ser adquiridos unha gran variedade de produtos, de alimentación, artesanía ou téxtil, entre outros.
Hoxe celebrarase tamén o concurso de castelos na area da praia da Madalena, que este ano acada a súa novenda edición. Todos os rapaces participantes recibirán unha medalla. Non será precisa inscrición previa, tan só haberá que presentarse ás once da mañá provistos con cubo en pala. Ás 13.30 horas terá lugar a entrega de trofeos.
Mañá
Mañá venres será unha xornada dedicada especialmente os máis cativos. Pola mañá, o mago Antón ofrecerá no contorno do areal seis funcións –de 45 minutos a partir das 12.00 horas– do seus espectáculo. Pola tarde dará comezo o torneo 3x3 e xa pola noite, ás 22.30 horas no antigo campo de fútbol do paseo da Madalena, haberá cien ao aire libre coa película “El hogar de Miss Pelegrine para niños peculiares”.
O programa do sábado incluirá ás 19.30 horas, os espectáculos “Circo Chosco” e o de novo circo de Isla Letriska.
Pola noite será a quenda para a música cos concertos que a partir das 22.30 horas terán lugar na Madalena. A esa hora actuarán o grupo Los Zentholos para a partir das doce da noite tomar o relevo Justo Mellor, de “Malas Compañías” e Fernando Vázquez, de “No es lo mismo”, dúas bandas tributo que se unen neste proxecto “Entre Sabina e Sanz”.
Deporte, música e o xantar popular constituirán os ingredientes principais da derradeira xornada de festa, a do domingo. Ese día terá lugar o tradicional cross e o xantar popular no piñeiral. Os tickets –o prezo é de 15 euros de xeito anticipado e 17 o mesmo día– e incluirá empanada, churrasco, patacas, xeado, bola e café.
Pola tarde, ás 17.00 horas, está prevista a actuación da formación Gallaecia Small Band e, como broche de ouro, a actuación estelar do grupo de baile tradicional Airiños do Frade de Cabanas (ás 19.00 horas). l

Música, maxia e xantar popular entre as propostas da Romaría de Santa Marta de Cabanas

Te puede interesar