Tempo Catro edita o cedé “Os ollos que falan”

Tempo Catro edita o cedé “Os ollos que falan”
Diario de Ferrol-2013-10-17-012-c166e8b2

O sexteto Tempo Catro publica o cedé “Rosalía de Castro: Os ollos que falan”, que en setembro presentaron nun concerto no teatro Jofre de Ferrol. Trátase dunha proposta impulsada pola Sociedade Cultural Medulio, co apoio da Asociación Socio-Pedagóxica Galega, que agora está dispoñible en soporte físico para escoitalo en calquera lugar.
O cedé presentarase ó público este sábado, ás 12.30 horas, na galería Sargadelos de Ferrol.
Tempo Catro fórmano Begoña Lorenzo, Andrés Pazos, Suso Iglesias, Javier Cedrón, Antonio Romero e Pablo Salgueiro. Eles póñenlle voz e música a varios poemas de “Cantares Gallegos”, de Rosalía de Castro, nunha homenaxe que fan coincidir co 150 aniversario da publicación desta obra da autora galega. n

Tempo Catro edita o cedé “Os ollos que falan”

Te puede interesar