O Toxos e Froles abre as sús escolas e programa obradoiros de baile e gaita

O Toxos e Froles  abre as sús escolas e programa obradoiros de baile e gaita
Concurso de Cuartetos Tradicionais no Toxos

A pasada semana a Xunta anunciou o premio da Cultura Galega 2015 no apartado de música para o centenario coro ferrolán Toxos e Froles. Un galardón que colleu á entidade que preside Arturo Lamas en pleno traballo. As súas escolas de gaita, tamboril, pandeireta e baile tradicional están abertas, seguirán igual no inmediato mes de outubro, e xa contan con 160 persoas apuntadas para as súas actividades. De feito hoxe ás 20.30 horas no segundo andar da sede da entidade (Magdalena, 220) haberá unha reunión tanto coas persoas anotadas ás actividades como para informar a quen o desexe da natureza e desenvolvemento das mesmas. 
Ademais, o Toxos anuncia dous novos obradoiros. O primeiro celebrarase o sábado 24 de outubro cun obradoiro de baile galego impartido por Henrique Peón baixo o título “Colocación corporal para o baile e a danza tradicional galega”. Dito cursiño impartirase en horario de 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas e admite ata 40 prazas. O segundo, o sábado 14 de novembro, será de gaita e correrá a cargo de Suso Vaamonde, experto na materia (gañou varios premios Constantino Bellón) e tratará sobre afinación e ornamentación de gaita galega. Hai un límite de prazas de 15 alumnos. 
Para máis información os interesados poden contactar no correo info@toxosefroles.com ou no teléfono 650 788 374. Por outra banda, o Toxos está á espera de que se lle comunique o día da entrega do galardón do Premio da Cultura Galega por parte da Consellería de Cultura da Xunta. Posteriormente tamén haberá unha recepción da entidade no Concello de Ferrol.

O Toxos e Froles abre as sús escolas e programa obradoiros de baile e gaita

Te puede interesar