A banda Gabacho Maroconnection abre hoxe o ciclo 1906 de Jazz en Ferrol

A banda Gabacho Maroconnection  abre hoxe o ciclo 1906 de Jazz en Ferrol
Diario de Ferrol-2014-05-07-014-d2962256

O Bla Bla Café acolle hoxe ás 22.00 horas o primeiro dos tres concertos do Ciclo 1906 de Jazz previstos na cidade no mes de maio, e que continuará o próximo día 15 con Roberto Somoza Continuum e o 28 con Gabriel Peso Trío.
Pero hoxe a protagonista será Gabacho Maroconnection, unha formación multicultural con variedade de influencias musicais. O grupo formouse no ambiente do Conservatorio Superior de Jazz de San Sebastián. A súa formación mixta de músicos españois e franceses medrou logo coa incorporación de dous músicos marroquís e o percusionista afro Fred Faure.
A orientación africana da formación orixinal, inspirada no exemplo de tríos como o de Sclavis, Texier e Romano, chegaría ao apostar polos sons de Marrocos. A experiencia do baterista Vincent Thomas en Essaouira, onde se empapa da música tradicional chaabi e gnawa, foi determinante na cristalización do seu concepto de world-music. Na súa conexión marroquí o jazz abrázase coa tradición magrebí, os seus cantos e os seus instrumentos tradicionais.

A banda Gabacho Maroconnection abre hoxe o ciclo 1906 de Jazz en Ferrol

Te puede interesar