Arriaga recibe o segundo premio “Curuxa do Humor”

Diario de Ferrol-9999-99-99-999-d2fce626
|

O debuxante murciano Manuel Arriaga de León recibirá mañá venres no Museo do Humor de Fene o segundo premio do certame “Curuxa do Humor 2015” –o xurado acordou deixar deserto o primeiro premio–. O acto, que terá lugar ás oito da tarde no salón de actos da Casa da Cultura, servirá ademais para dar o pistoletazao de saída ao programa “Novembro, mes do humor”.
Arriaga recibiu o segundo galardón pola súa obra “Qué leira de guerra”, a través da que condena a contenda bélica enclave de humor. O acto de entrega do premio servirá tamén para inaugurar a exposición con todas as obras presentadas ao certame.

Arriaga recibe o segundo premio “Curuxa do Humor”