As catro persoas que optan a liderar a candidatura de Marea Ártabra, e que se miden nas Primarias deste venres, confrontan hoxe as súas propostas nun debate aberto a tódolos cidadáns que se realizará no Ateneo Ferrolán, ás sete da tarde. Os candidatos son Lucía Vizoso, Chema Hernández, Begoña Hermida e Ismael González.
A Marea amplía ademais o prazo para que quen o desexe poida participar neste proceso de votación para elixir candidato e o resto da lista (hai trece persoas inscritas para concorrer ás eleccións municipais). Pode facerse ata a medianoite do día 19 a través da súa páxina web. Informan de que teñen entre seis e sete incorporacións diarias.
A Marea conta ademais xa cun local propio, no número 14 da rúa Rochel (dá tamén a Magdalena), para votacións e outras actividades.