Pandeireta

Teño escoitado moitas veces a frase aquela de: “España é o país da pandeireta”, como pretendendo desprezar a España, á pandeireta ou ás dúas. E coido que é unha pretensión inxusta, porque España poderase definir como: o país dos gobernos corruptos, dos políticos ladróns, dos concellos estafadores, dos banqueiros usureiros ou, de moitos outros xeitos; mais o da pandeireta non lle acae, mírese por onde se mire. Porque a humilde e honrada pandeireta, é o instrumento dos pobres, feito polos pobres e para os pobres, que non teñen posibilidades de acompañar as súas alegrías (poucas) con instrumentos de máis categoría, aínda que, ás veces, úsase para acompañar manifestacións culturais de maior lustre. Malia a súa humildade, a súa eficacia é tanta, que aínda serve cando lle faltan pezas, tal como di o cantar: “Xa non ten ferreñas ( soallas) ferreñas non ten, xa non ten ferreñas e mais soa ben”. A España fáltanlle tantas pezas, que o seu sonido é un desastre, sen que apareza por ningures o afinador que poida afinala. E cada vez peor. “Dígocho eu”.

Pandeireta

Te puede interesar