Carreró imparte un curso de restauración de mobles

A restauradora María Carreró, distribuidora oficial de Annie Sloan en España, impartirá o venres 25 un taller en Art Noveau Showroom Occidente (rúa Magdalena, 186). Será de cinco a oito, por un prezo de 9,99 euros. As persoas interesadas en asistir poden realizar a súa inscrición nas instalacións de Art Noveau e tamén en Gárgola (Magdalena 218).

Este “Taller 9,99” é o primeiro que realizan e permitirá dar a coñecer a pintura Chalk Paint, unha innovación exclusiva que admite a súa aplicación en mobles, chans ou paredes sen preparación previa da superficie.

Os asistentes ó curso poderán levar os mobles que de-sexen restaurar (sillas, mesillas, espello, mobles auxiliares...). Alí ensinaránselles diferentes técnicas e a súa aplicación para darlle unha nova vida a estes elementos funcionais e, ó tempo, decorativos. Como principal reclamo ensinarase a empregar precisamente a pintura Chalk Paint, que só distribúe Annie Sloan.

 

Carreró imparte un curso de restauración de mobles

Te puede interesar