Achega da Deputación para o campo de fútbol da Veiga

Achega da Deputación para o campo de fútbol da Veiga
Diario de Ferrol-2015-01-19-007-fe734e45_1

O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, e o alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, asinaron un convenio de colaboración polo que a institución provincial achega perto de 33.000 euros para cubrir as bancadas do campo de fútbol da Veiga.
O investimento dá cumprimento ao acordo do pleno ordinario de decembro polo que a Deputación asume o custe total dunha actuación que, segundo indicou o presidente, “permitirá aos residentes no concello dispor de mellores equipamentos deportivos”.
Á marxe da obra de instalación da cuberta –447 metros cadrados en total–, rematados os traballos reporase e rede de “parabalóns” ao longo do perímetro do campo.
A Deputación sinalou ademais que colabora con distintos concellos da provincia neste tipo de actuacións para mellorar as condicións dos equipamentos deportivos”.

Achega da Deputación para o campo de fútbol da Veiga

Te puede interesar