Os “máis buscados”, no Pazo da Cultura de Narón

Os “máis buscados”, no Pazo da Cultura de Narón
El humorista David Perdomo, ayer, durante su actuación en el Pazo da Cultura naronés luis polo

Os humoristas galegos Miguel Lago, Oswaldo Digón e David Perdomo presentaron onte no Pazo da Cultura de Narón, perante un auditorio practicamente cheo, o seu novo espectáculo, titulado “Los más buscados”.
Os tres protagonistas fixeron vibrar aos espectadores cos seus monólogos e, tamén, coas sorpresas que foron levando ao escenario durante as dúas horas que durou o espectáculo.
“Los más buscados” xunta por vez primeira a estes tres cómicos que teñen actuado na Paramount Comedy ou El Club de la Comedia, de onde teñen saído algúns dos cómicos máis exitosos dos últimos anos.

nova galega de danza
O seguinte espectáculo que terá lugar no Pazo da Cultura de Narón terá lugar o vindeiro sábado, día 14. Será neste caso a compañía Nova Galega de Danza, da que forma parte o bailarín ferrolán Jaime Pablo Díaz, que presenta “Dez”.

Os “máis buscados”, no Pazo da Cultura de Narón

Te puede interesar