Dobre cita cos monicreques logo da sesión escolar de onte

Dobre cita cos monicreques logo da sesión escolar de onte
Centro Cultural Torrente Ballester Obra de teatro para escolares

A terceira edición do ciclo de teatro de obxecto e monicreques Festea continúa esta fin de semana cunha dobre cita para o público familiar logo da sesión celebrada onte no teatro Torrente Ballester para escolares –asistiron alumnos de Infantil e Primaria dos Ceips Esteiro, Recimil e Juan de Lángara–.
Os rapaces puideron gozar da obra “Timi contra el viento”, da compañía galega App Creacións. “Timi é un mozo tímido que apenas fala pero cuxa imaxinación non para de voar, a pesar que de momento está ancorado á súa bota de xeso. 
Hoxe
O Festea, impulsado desde a área de Cultura do Concello de Ferrol, continuará hoxe, no Centro Cívico de Caranza, ás 18.00 horas. A esa hora, a compañía Títeres Aladrán, da comunidade galega, poñerá en escena “Os soños na gaiola”, de Manuel María. É unha obra  de monicreques para o público infantil e familiar coa que o grupo e o director e dramaturgo Roi Vidal lle queren facer ao devandito poeta.
As entradas para ver o espectáculo son, como todas as deste ciclo, de balde, se ben é preciso retirar os convites.
O programa escénico continuará mañá domingo, desta volta no centro cultural Torrente Ballester, coa representación da mesma peza de onte, “Timi contra el viento”, neste caso nunha sesión para o público en xeral e prevista para as 12.30 horas.

Dobre cita cos monicreques logo da sesión escolar de onte

Te puede interesar