Os Bolechas pasan a fin de semana en Neda, Cariño e Ortigueira con “O Sabichón”

Os Bolechas pasan a fin de semana en Neda, Cariño e Ortigueira con “O Sabichón”
Pazo da Cutlura de Narón Bolechas

Os Bolechas participan esta fin de semana en distintos puntos de Ferrolterra no concurso de preguntas “O Sabichón”. Os seis irmáns e o can Chispa achegarán o seu novo espectáculo a Cariño, Neda e Ortigueira e entreterán de seguro a ducias de nenos que seguen con interese as aventuras da familia creada por Pepe Carreiro. Esta proposta de monicreques, cos actores que os manipulan en escena, forma parte do programa FalaRedes, da Dirección Xeral de Política Lingüística, que asocia o uso do idioma galego co lecer dos rapaces.
A primeira oportunidade de ver á familia Bolechas será o sábado 24, ás sete da tarde, no auditorio municipal de Cariño. A entrada é libre ata completar o aforo da Casa da Cultura.
O domingo o concurso “O Sabichón” pasará pola Casa da Cultura de Neda, ás doce do mediodía. Tamén neste caso a entrada é gratuíta pero é preciso retirar a invitación na Casa da Cultura hoxe ou o venres, de nove da mañá a unha da tarde e o propio domingo, desde as once. Cada neno poderá ir acompañado por un adulto. Repartiranse entradas ata completar o aforo.
Pola tarde o espectáculo desprázase a Ortigueira, ó Teatro de Beneficencia, ás seis da tarde. Neste caso, como nos demais auditorios desta xira, a entrada é de balde.
“Os Bolechas e O Sabichón” está pensado para nenos de tres a seis anos. Dura unha hora e presenta un concurso cun pequeno acto teatral ó comezo e ó final. Como presentadora do concurso exerce a Sabichona, que formulará as cuestións ós nenos asistentes. Forman dous equipos, cada un deles liderado por un irmán Bolecha, e enfrontaranse a distintas preguntas e probas para demostrar os seus coñecementos e habilidades.

Os Bolechas pasan a fin de semana en Neda, Cariño e Ortigueira con “O Sabichón”

Te puede interesar