Feira de antigüidades e de segunda man en Canido

Feira de antigüidades e de segunda man en Canido
Mercado Tradicional en Canido

A asociación veciñal de Canido organiza para este sábado a súa primeira feira de antigüidades e de segunda man, que leva adiante en colaboración cos hostaleiros do barrio, coincidindo co magosto e co Samaín. Case un cento de postos participarán nesta iniciativa, que se desenvolverá durante todo o día, desde as dez da mañá ata as oito da tarde. Tamén haberá un magosto con castañas asadas e traballarase coas cabazas para darlles formas e poñerlles dentro as candeas coas que alumear. Se chove, estas actividades trasladaranse ó polideportivo do colexio Cruceiro de Canido.
Esta proposta é tamén unha reivindicación dunha forma diferente de intercambio e de entender o comercio, como xa pasara co mercado tradicional que organizaron en setembro. Nos propios carteis promocionais denuncian como o paso da peseta ó euro supuxo unha grande suba nos prezos “sen que ninguén fixese nada por evitalo”.

Feira de antigüidades e de segunda man en Canido

Te puede interesar