Manuel Castro: “Houbo que industrializar o torneado da madeira para ofrecer ao mercado o que pide, da artesanía hoxe xa non se vive”

Manuel Castro: “Houbo que industrializar o torneado da madeira para ofrecer ao mercado o que pide, da artesanía hoxe xa non se vive”
Diario de Ferrol-2019-01-06-017-1f0e50f0

Manuel Castro (As Pontes, 1948), máis coñecido como “Lolo de Severiano”, leva máis de medio século exercendo o oficio de torneiro da madeira, unha experiencia que lle valeu para recibir recientemente o Premio Traxectoria de Artesanía de Galicia cos que a Xunta de Galicia pretende visibilizar e protexer o prestixio da artesanía do país. 

Cantos anos leva dedicado ao oficio de torneiro? 

Pois entre 56 e 57 anos, vamos toda a vida. Teño 70 anos e xa estou xubilado pero como non teño tempo, fago cousas que teño que facer.
 
De onde lle vén a tradición? 

Proveño dunha familia de artesáns tradicionais, destes que antes  facían pezas utilitarias destas para vender nos mercados e nas feiras. Vivín neste ambiente toda a vida.

Dedicouse profesionalmente a el? 

Entre outras cousas. Fomos familias numerosa, xa meu pai eran dez irmáns, nos tamén fomos dez e os maiores que axudabamos diversificamonos en outros traballos pero seguimos exercendo industrialmente e artesanalmente de torneiros para que non se perderan os coñecementos do oficio. Máis que do oficio, os coñecementos das técnicas. 

Como evolucionou o oficio de torneiro desde que comezou a dedicarse a el? 

Pois eu o estructuro en tres etapas que vivín ao longo da miña vida. Meu pai era labrego, muiñeiro e torneiro ao igual que algún irmán para o que este traballo era un complemento máis da axuda familiar. Adicábase ao torneado ao mesmo tempo que moía; tiña acotado o torno ao muíño, era un torno que funcionaba con auga, non de pé nin de corriente e facía durante a semana, cando tiña tempo, pezas de madeira da época correspondente porque é moi importante saber a época na que hai que cortar a madeira, según para que aplicación sexa. Así, todos aqueles utensilios que se empregaban nas casas e no campo, típica nateira de facer a manteca, a taza de facer os queixos a viradeira para darlle volta ás tortillas, e unha serie de pezas que son utilitarias no cal de cada dez quince días ían aos mercados a vendelas. 

Tras esa etapa houbo outra na que o campo empezou a quedar despoboado e deixáronse de usar esas pezas como uso cotidiano pero con aquela morriña de a xente que viña de fóra aínda ía mercando as pezas. Nesta época houbo que derivar e facer máis pezas decorativas con madeiras nobres e de deseño. Ultimamente houbo que diversificar e industrializar o torneado da madeira para ofrecer ao mercado o que demande que xa non é o que era antes. É máis industrial porque da artesanía en sí, como concepto, xa non se vive hoxe. 

Que diferenza os traballos actuais dos que se facían antes? 

A diferencia profesional non é moita porque antes non so se facían as pezas artesanalmente senón que se utilizan os coñecementos de antigo para que empregar as madeiras correspondentes para cada traballo. Tíñanse os coñecementos suficientes para saber en qué época da lúa había que cortar as madeiras para que non se apolillen, nin se retorzan, nin alabeen. 

Hoxe as madeiras consíguense de importanción de moitas referencias e non se pode levar ese coñecemento riguroso da calidade. De este xeito tamén mudaron as madeiras a empregar. Antes usábamos madeiras que tiñamos no país como o teixo, o buxo, o pravio que é o arce, abedul, castaños pero agora podemos empregar todo tipo de madeiras porque hai moita variedade

Mellora isto as posibilidades do oficio? 

Non, simplemente transfórmase, é outra cousa nin mellor nin peor.

E tras máis de medio século de profesión, ten a quen legarlle estes coñecementos? 

É complicado dar unha resposta a iso porque meu pai era artesano completo, dado que desempeñaba varios oficios e tivo dez fillos e eu só cheguei a igualalo nalgúns aspectos do traballo. No que aos fillos atinxe, quedeime con catro, xa non puiden facer máis [rí]. Entón que sigan ou non é difícil porque como medio de vida é moi complicado, salvo excepcións, e hoxe a xuventude xa é outro mundo.

Que supuxo a concesión deste premio? 

O premio para mín é unha cousa simple de todo. Pasaba por alí e déronmo, como se llo deran a outro, sen máis importancia.

Manuel Castro: “Houbo que industrializar o torneado da madeira para ofrecer ao mercado o que pide, da artesanía hoxe xa non se vive”

Te puede interesar