O servizo de socorrismo cabanés atendeu preto de 100 incidencias

Socorristas Playa de Cabanas
|

O Servizo de Socorrismo do Concello de Cabanas atendeu un total de 94 incidencias durante o pasado mes de xullo. Segundo os datos facilitados polo concello cabanés, de todas estas incidencias seis foron consideradas como graves. Así mesmo, o resto de atencións practicadas polo persoal que atenden o servizo foron calificadas leves en 41 ocasións, 34 moi leves e 13 sen importancia.


Analizando as seis actuacións de maior gravidade desde o Concello explican que desas seis incidencias de consideración, catro foron solucionadas na propia praia por parte dos socorristas, mentres que en dous casos foi preciso requerir os servizos dunha ambulacia para trasladar aos doentes a centros médicos debido aos efectos de ter sufrido golpes de calor.
Incidencias máis comúns


Entre as causas máis habituais das incidencias están as temidas picaduras dos escarapotes, así como as doutros insectos como vespas, abellas ou mosquitos así como cortes, ben se tiveran producido no areal ou no piñeiral da praia da Magdalena.


Outro problema habitual nesta praia é o relacionado coas embarcacións de recreo. Moitas das queixas que se reciben gardan relación con problemas vinculados coas embarcacións de lecer, como poden ser os kaiaks ou as táboas, que acostuman empregar a zona de dentro das boias, é dicir, na parte que empregan os bañistas para nadar ou refrescarse na auga. Desde o Concello tamén fan referencia a outro problema que se pode dar na concurrida praia da Magdalena como é a falla de regulación na zona fóra das boias para que o tránsito de embarcacións, motos de auga ou pedaletas discorra sen problemas.

Servicio
O Servizo de Socorrismo na praia da Magdalena está operativo desde o primeiro de xullo e conta cun total de catro traballadores. Estes fan o seu labor en quendas de dous socorristas de luns a xoves e outros tres de venres a domingo. En todos os casos o horario é o mesmo, de 12.00 a 20.00 horas.


O areal da Magdalena non acostuma a ter grandes problemas coas olas e o mar e rara é a ocasión que se pecha a praia ao baño. O que sí acontece é que se converte nunha praia moi concurrida no verán , sobre todo en agosto, cando recibe centos de turistas. Así mesmo, a súa ubicación convertea nunha praia que recibe a centos de bañistas de pobos do interior de Galicia e tamén moitos chegados doutras localidades bercianas ou leonesas.


Ademáis, en xullo é habitual que se acheguen a pasar o día na Magdalena centos de nenos de campamento ou excursións.

O servizo de socorrismo cabanés atendeu preto de 100 incidencias