Os máis pequenos do Ludy recrearon a vendima

Os máis pequenos do Ludy recrearon a vendima
os nenos cortaron os azos e esmagaron a uva d.alexandre

Os alumnos máis pequenos do colexio Ludy, é dicir, os dos tres cursos de Infantil e mais os do ciclo inicial de Primaria, recrearon onte unha vendima, tema sobre o que levan traballando os estudantes dos distintos niveis educativos desde o principio do curso académico.
Mentres nalgunhas aulas están a buscar ditos, refráns e cantigas vencellados a esta tradición milenaria, os máis cativos realizaron parte do proceso da vendima, é dicir, recollendo os azos de uva reais –procedentes da comarca de Ourense– pendurados dunha corda no patio do centro. Posteriormente, os alumnos do primeiro curso esmagaron a uva, que foi almacenada nu bocoi co obxecto de que fermente durante o tempo necesario antes de converterse en viño.
Finalmente, e para celebralo, os rapaces degustaron zume de uva, aínda que non da que se esmagou. Ademais, os cativos recibiron unha explicación teórica de todo o proceso.

Os máis pequenos do Ludy recrearon a vendima

Te puede interesar