O deporte tomou a rúa en Fene

O deporte tomou a rúa en Fene
A xornada desenvolveuse en diferentes espazos do municipio fenés daniel alexandre

Cun amplo abano de propostas celebrouse onte pola mañá en Fene o XXIV Día do Deporte na rúa, unha cita encamiñada a fomentar hábitos de vida saudables entre a cidadanía e ao mesmo tempo achegar aos máis pequenos a diferentes disciplinas deportivas.
Atletismo, tiro con arco, patinaxe, deportes de raqueta, circuito de karts a pedal, iniciación á escalada no rocódromo instalado para a ocasión ou jugger (loita con armas simuladas) foron algunhas das opcións que se lles presentaron a todos os que pasaron polo municipio para gozar da actitividade.
Baixo a organización da Concellería de Deportes do Concello de Fene, o programa contou coa colaboración do colexio Jorge Juan, o CCRD Perlío, Amigos da Chave de Ferrolterra e o Club Escola Ximnasia Ferrolterra.
A avenida Tarrío, a rúa San Salvador e os arredores do Círculo de Perlío foron os espazos nos que se desenvolveu unha xornada marcada, ademais, pola excelente climatoloxía.

O deporte tomou a rúa en Fene

Te puede interesar