Entrega de diplomas aos trinta participantes no programa “Camiño ao emprego”

Entrega de diplomas aos trinta participantes no programa “Camiño ao emprego”
Diario de Ferrol-2015-01-04-005-afadce47

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, presidiu o pasado venres o acto de entrega de diplomas aos participantes no programa “Camiño ao emprego”, unha actividade impulsada pola Concellería de Benestar Social, que dirixe a edil Rosa Martínez. Trinta persoas beneficiáronse desta acción formativa, dirixida a favorecer a inserción laboral daquelas persoas en maior risco de exclusión social e vulnerabilidade.
A proposta contemplou a realización de dous cursos, un de Axudante de Comercio e outro de Alfabetización dixital. O rexedor municipal agradeceu no seu discurso ás empresas colaboradoras  (Carrefour e Academia Postal) “a súa aposta pola formación e a inclusión daqueles colectivos que peor o están pasando”. Asimismo, o primeiro edil ferrolán felicitou aos trinta participantes “pola súa preocupación por mellorar a súa formación para acceder ao mercado laboral”.
O rexedor local anunciou que o obxectivo da corporación local para este ano é incrementar o número de empregos na cidade a través da formación e a mellora da capacitación das persoas demandantes de emprego”, avanzando a continuidade deste tipo de actividades no municipio.
O curso de Auxiliar de Comercio, con quince alumnos, comezou o pasado mes de outubro e tivo unha duración de 150 horas lectivas. Os participantes realizaron práctivas non laborais nas especialidades de auxiliar de peixería, froitería, chacinería, snack e reposición. A edil de Benestar, Rosa Martínez, subliñou a importancia de ofrecer este tipo de aprendizaxe nunha profesión con demanda no mercado laboral e asegurou que catro personas que participaron na actividade continúan traballando na empresa colaboradora. No caso do curso de Alfabetización Dixital, tamén con quince alumnos e iniciado o pasado novembro, a edil recordou que se impartiu en 40 horas e ofreceu nocións básicas de informática aos alumnos.

Entrega de diplomas aos trinta participantes no programa “Camiño ao emprego”

Te puede interesar