Sonia Castelo: “O anterior pregón foi máis íntimo, este será máis social”

Sonia Castelo: “O anterior pregón foi máis íntimo, este será máis social”
Diario de Ferrol-2015-08-19-009-415cdb21_1

“A memoria afectiva é a proteína do menú dun actor, e eu enchín a miña despensa en Ferrol”. Así falaba a actriz Sonia Castelo o 25 de xullo de 2001 na praza de Armas dentro do pregón das festas daquel ano. Acompañada do entón concelleiro de Cultura, Bonifacio Borreiros, a intérprete fixo unha vinculación sentimental a súa cidade.
Agora, o próximo venres ás 22.30 horas na praza de España, unha “emocionada” Castelo volve ser a pregoeira das festas de verán, pero o tempo transcorrido, para ela e para Ferrol, lévana a outro lugar. “Podo adiantar que falarei de que esta cidade merece ser o que foi e quen temos voz debemos demandalo, axudar a desenvolverse. Hai capacidade de traballo e moito talento e, no caso da xente que marcha, que o faga por elección e non pon imposición, así que o que toca é animar moito á xente

traxectoria
Sonia Castelo (Ferrol, 1968), comezou a súa carreira como presentadora de informativos da TVG, pero deu o salto á interpretación en 1992, facéndose moi popular e toda Galicia pola súa participación na serie “mareas VIvas”. Traballou en películas como “Divertimento” (2000), rodada en Ferrol xunto con Paco Rabal e Federico Luppi, e alternou o seu traballo en longametraxes e series tanto en Galicia como no ámbito de toda España (“Policías, en el corazón de la calle”, “Motivos personales”, ou “Hay alguien ahí”, entre outras).
En canto a súa actualidade e proxectos, cóntao ela mesma: “A nivel persoal faltan por emitir sete capítulos de ‘Hospital Real’ na TVG. En setembro comezo a preparar en Madrid unha película baseada en feitos reais, non podo dicir máis. Tamén podo adiantar que participo na próxima película de Ignacio Vilar, ‘Sicixia’, e dou o salto co meu monólogo ‘Todos somos todo’, que se verá por toda España”.
Ante os diferentes proxectos, semella que traballo non lle falta á actriz ferrolá, pero a súa posición é crítica sobre as condicións presentes da súa profesión.
“As condicións laborais estanse degradando –denuncia Castelo–e vivir disto estase facendo moi difícil. Os cachés dos profesionais baixaron e as series tardan en rodarse menos tempo que antes, co cal os noso ingresos baixan considerablemente. Nesta situación o papel do Goberno é lamentable, dunha falta total de apoio á cultura. Só quero ofrecer un dato: a sociedade de xestión de dereitos de imaxe, Aisge, recada un 95% menos que hai catro anos”.

Sonia Castelo: “O anterior pregón foi máis íntimo, este será máis social”

Te puede interesar