A mellor liga do mundo?

a se sabe que, á vista da análise do acontecido, o pasado 20 de xullo, co desprazamento do Fuenlabrada á Coruña para se enfrentar ao Deportivo no último partido da Liga, a Consellería de Sanidade propón ao Consello da Xunta de Galicia que se multe con 360.607 euros tanto ao clube madrileño como á Liga de Futbol Profesional, por entender que o acontecido supuxo unha infracción moi grave, que puxo en risco a saúde de moitas e diferentes persoas, tanto do mundo deportivo que alleas a el. Se agora parece que xa queda definitivamente demostrado que houbo actuacións dolosas no ámbito socio-sanitario sería o momento de facer o mesmo no ámbito deportivo. A actuación dun clube que, por non cumprir debidamente o protocolo sanitario, viaxou con persoal contaxiado -como se puxo de manifesto o propio día e en días sucesivos- non pode quedar impune. Xa no día de autos, as autoridades deportivas, que non quixeron aprazar a xornada completa, debían ter tomado a decisión de sancionar o Fuenlabrada, coa perda do partido en cuestión e mais coa dedución dalgún punto, atendendo a que, presuntamente, se tratou dunha conducta contraria á boa orde deportiva. Ou non? Sen máis, suxíremo o feito de non ter viaxado con médico. Nin co seu nin con ningún outro contratado puntualmente.

A mellor liga do mundo?

Te puede interesar