Males menores

Esta noite acaba a campaña electoral e mañá, iso din, tócanos reflexionar para decidir que imos votar, se é que non temos xa pensado en quedar na casa. Esa non vai ser a miña opción. 

Irei, como fixen sempre, aínda que non fose máis que para lle levar a  contraria ao PP. Mais o que percibín nesta longa campaña é a sensación de tremendo tedio, de fastío, en moita xente.

Hai uns días, El Roto ofrecíanos unha desas sentencias que non convidan, precisamente, ao optimismo: “Votad lo que queráis, os gobiernan algoritmos” e, onte mesmo, Santy, na súa “A Cosa Nostra”, presentábanos unha viñeta con este diálogo

“—Vaya, ¿no hay papel? -Se nos ha acabado, tengo que comprar. ­—Pues tráeme del buzón las papeletas de voto, porfa”.

Salvando as distancias, penso que o expresado neses textos achégase ao que se puido escoitar –quen quixo facelo– nos diferentes e variados ambientes onde podemos movernos. 

Outra cuestión é como se vai transformar en votos esa situación. 

Onte, despois dunha reunión en Santiago, falando cuns amigos de moitos anos, saiu o tema electoral e fiquei moi sorprendido cando todos eles, moi de esquerdas de toda a vida, manifestaron que, mirando para outro lado, ían votar o PSOE.

Males menores

Te puede interesar