domingo 21.07.2019

Cabodano

O pasado mércores 13, unha mensaxe do amigo Vítor Santalha daba conta de que nese día se cumprían dezaseis anos do pasamento de Luís Tobío, eminente intelectual a quen tiven o pracer de tratar da man de seu sobriño Luís Martul Tobío, benquerido e admirado colega e amigo. A Tobío, como sabemos, tocoulle padecer o exilio en Latinoamérica. Cando a chegada da República presidía a “Seizón de cenzas sociaes, políticas i-económicas” do –Seminario de Estudos Galegos, que foi a que, de camiño, elaborou e publicou -o 6 de maio de 1931–, o primeiro anteproxecto de Estatuto da Galiza, redactado polo propio Tobío e mais por Carvalho Calero. O próximo luns, día 25, cúmprense corenta e catro anos do pasamento de don Ricardo Carvalho. Na magnífica autobiografía que titulou  As décadas de T.L. (1994), Tobío –ao se referir á novena década, iniciada en 1986– daba conta da morte de seres moi queridos, algúns amigos, dos que só quería lembrar a tres, que deixaran feito “un labor de certo importante”. Un deles, Carvalho Calero, a quen cómpre homenaxear pasado mañá diante da casa natal de San Francisco.
Para Duarte, benquerido fillo, nos seus días
 

Cabodano
Comentarios