Unha voz libertaria

Hai uns días o xornalista Miguel Boo presentou a biografía de Suso Vaamonde na biblioteca municipal. Lamentei moito non poder asistir pois o Suso é merecedor do máximo recoñecemento. Nas súas composicións milleiros de nenos descubriron Galiza nos versos dos poetas. E a mocidade a protesta contra a ditadura e a reivindicación dos dereitos nacionais.
A altura de 1979, estando facendo a mili en León, dous estudantes de veterinaria de Melide, Antonio González era un deles, contactaron comigo para ver se había algún xeito de que Suso cantara na facultade. Houbo dúas vías para falar con el: por medio de Mingos Fuciños e por un estudante de veterinaria de Celanova.
E a súa voz reuniunos na facultade. E sobardouna. E os poemas de Celso Emilio e Manuel María acompañaron a prazas, rúas e currunchos de León até que o setestrelo se despediu... Meses máis tarde tivo que se exiliar para evitar a condena a seis anos de prisión.

Unha voz libertaria

Te puede interesar