E o presidente?

Onde se atopa?  Aborrécese en Compostela...?  Non lle preocupan os gravísimos problemas dos seus cidadáns?  Onde está , Presidente... ?  Olle, precisamos coñecer por que, após de dez anos de goberno, máis de 216.000 cidadás galegos tiveron de emigrar. Por que a transición enerxética é unha ameaza e non unha oportunidade. Precisamos que nos explique por que nun país exportador de electricidade o seu prezo é a ruína para a industria.  Precisamos coñecer por que continúa o devalo da nosa poboación. E por que non se aplican as medidas do Consello de Europa referidas a lingua galega... Dez anos, Presidente... É tempo de avaliacións.

Os vagalumes,  ás portas das ferias do solsticio de inverno, tornan, como as xa desaparecidas   andoriñas , habitar rúas, galerías e comercios  da nosa cidade.  Nas cafetarias e bares as conversas rematan coa ladaíña da lotaria e prazas e parques agardan o balbordo estudantil. 

E o presidente?

Te puede interesar