viernes 7/8/20

Débedas e recadación

s 270 millóns de euros que o Estado nos debe aos galegos e que, até agora, non foi quen de recuperar o goberno de Compostela, expresan con crueza varios aspectos. O primeiro deles é a “liquidez” coa que se moven os partidos unionistas nese xogo de esixir cando un está na oposición e esquecerse cando está no goberno. Eís o caso  do PSOE e os seus socios na coalición apoiando o expresado pola portavoz do goberno.  Pero tamén o do PP e o Presidente Feijoo. Ollen que a débeda  ten a súa orixe no ano 2017 e naquela altura estaba en Madrid de ministro de Facenda Montero ( Pp) e o Presidente Feijoo  non expresou opinión algunha sobre o asunto até o 2019. 
 Por outro lado este é un problema que non  lle afecta a Euskadi e Nafarroa por teren un concerto económico. E, velaí, o segundo aspecto a destacar: a necesidade dunha facenda galega, que recade os nosos impostos, reivindicada de sempre polo soberanismo galego

Comentarios