De promesas e xestión

urxente que o goberno central cumpra a promesa, no seu día adiada,  de aprobación do estatuto do consumidor electrointensivo. E cumpre que o goberno galego faga uso das súas competencias e procure alternativas ante a ameaza de peche da fábrica de San Cibrao e os expedientes de regulación de emprego no resto de empresas do sector.  Non estamos ante un problema que aparecera hai uns días. A denuncia do que podía acontecer xa ven de vello. No 2015 a CIG xa propuxo a tarifa eléctrica galega. E no 2016 esta ILP foi aprobada por unanimidade no Parlamento galego. Logo “ pasou o que pasou”. 
A realidade non pode agacharse como o pó  debaixo das alfombras nos despachos dos gobernos. É teimuda. E retrata a falta de compromiso de Madrid e Compostela cos cidadáns: máis de catro mil familias das  comarcas de A Mariña, A Coruña e a Costa da Morte ven ameazado o seu futuro.  Eis a explicación destas mobilizacións.
 

De promesas e xestión

Te puede interesar