O valor do verdadeiro

oa aparición do Covid-19, mentres durou o confinamento, moitas de nós botamos de menos o poder moverse con liberdade. Cando empezou o desconfinamento, a maioría da xente saía a camiñar e moita a fazer deporte, como xeito de liberdade. Nom botamos de menos, nin os centros comerciais nin as grandes superficies, como lugares onde pasar o noso tempo libre. Mais coa desescalada total, xa moita xente volveu a hábitos anteriores. Hoxe en día, as nosas costumes están a producir moitos problemas de saúde nom so en nós, senón tamén nas nosas crianzas.
 A ONU declarou fai un par de anos, a miopía como pandemia. Na Galiza, preto do 60% das mozas e mozos parecen este serio problema. As novas tecnoloxías como as rutinas modernos de ocio, em grandes superficies xeralmente fechadas, están a causar un gran dano a nosa rapazada. As oftalmólogas están a avisar de que hai que levar as nenas as zonas verdes, aos espazos naturais sobre todo de foresta, para previr este mal proprio do século XXI.
Por isto é fulcral, que as cidades favorezan e acondicionen zonas verdes e espazos naturais, onde as familias poidan ir a desfrutar o seu tempo libre, en vez de pasar o día nos centros comerciais onde as rapazas, ademais de non favorecer para nada a súa saúde, inocúlaselles o consumismo, como xeito de pasatempo.
Cidades como Ferrol, a cal posúe un enorme potencial en zona verdes e espazos naturais, como a parcela do Bertón a cal, acondicionada para o deleite da cidadanía e das familias, podía ser unha gran zona de arboredo con especies locais, unha zona de prado para as familias poder desfrutar de comer ou merendar nun entorno verde, unha zona de xogos quer tradicionais quer en xeito de columpios e outros xogos para as máis pequenas ,unha zona con barbacoas para poder fazer carnes ou peixes en definitiva, algo que em moitos países do noso entorno mais inmediato, como Alemaña Suíza ecetera, xa desde fai anos é algo normal atopar estes espazos, nas portas das súas cidades, para o deleite das súas cidadás. Mais a realidade, é que as diferentes corporacións que pasaron polo governo do concello, nestes derradeiros anos, esta parcela foi deixada a súa propria sorte. Hoxe em día atopase en unha situación de total abandono. Compre dicir que con isto do Covid-19, gran parte dos recursos do concello, foron para outras prioridades mais graves como son as familias. Máis sería bo que o Sr Mato e o Sr Rey Varela, nom andasen a perdoar millóns de € como os que nos debe por exemplo a autoridade portuaria a cal, con este convenio firmado polo PSOE em datas recentes, concédeselles unha amnistía como di o BNG em preto de 9 millóns de €, que caerían moi ben nestes momentos, para axudar as familias, máis tamén para cuidar e promover espazos vedes, onde as familias poidan gozar do seu tempo de lecer.r.

O valor do verdadeiro

Te puede interesar