domingo 9/8/20

Crecer por crecer, non grazas

Despois da extinción masiva que houbo na época dos grandes saurios, atopamonos noutro momento crucial pra o futuro do planeta e os seus habitantes. Mais esta vez é por mor da acción humana e non polo choque dunha gran pedra contra a Terra. Refírome a sexta extinción a cal, xa vai unhas décadas que esta a acontecer en centos de milleiros de especies e o que queda por dilucidar e se nos a raza humana, tamén imos cara a nosa propria extinción. E curioso escoitar a políticos e outras persoeiros públicos, os cales están na primeira liña do coñecemento,  falar dos grandes niveis de desenvolvemento que adquirimos a especie humana cando en pleno século XXI, varios miles de millóns de seres humanos pasan fame no planeta, miles de millóns de seres humanos no teñen acceso a auga potábel, e miles de millóns de seres humanos, non teñen ningún servizo básico(sanidade, educación, vivenda, alimentación ect...) garantido. 

Ao mesmo tempo, resulta chocante o mais ben aberrante saber, que a maioría destas persoas atopanse en países con inxentes recursos naturais, con inxentes cantidades de riquezas, países que estamos a saquear con total impunidade, pra que as nosas grandes empresas anos tras ano batan records de beneficios, en unha tola espiral de crecer por crecer e non crecer por necesidade, como di o economista francés Latouche. E nos como habitantes do mal chamado mundo desenvolvido ou se vostede o prefire primeiro mundo, vivamos en unha nube de falsa opulencia, onde a maioría dos produtos que se nos ofrecen, son superficiais e totalmente innecesarios, mais o capitalismo con esa gran capacidade que o caracteriza, consegue facer do innecesario, algo totalmente indispensábel.

Ao mesmo tempo que saqueamos estes países, somos quen de seguir exportando miseria, xa que as nosas grandes empresas (téxtil alimentación xoguetes ect...) externalizan as súas producións e adquiren os seus produtos en diferentes países, xeralmente no chamado terceiro mundo. Nestes países por exemplo, unha operaria téxtil que traballa de sol a sol os sete días da semana, os trinta días ao mes, os trescentos sesenta e cinco días do ano non gaña mais de 50€ ao mes en unhas condicións indignantes, sen ningunha clase de dereito, sufrindo todo tipo de abusos por parte dos donos dos talleres e incluso as súas familias, pra que nos poidamos comprar esa camiseta tan molona por 15 euros, cando non por menos. 

Ademais das inxusta e salvaxes condicións laborais as que están suxeitos estas traballadoras-os, as leis medio ambientais nestes países son case inexistentes. E se algún destes países decide cambiar a súa lexislación laboral e medioambiental, as nosas grandes emblematicas e modélicas multinacionais, anulan os contratos con todos estes produtores e vanse a outros países, onde non lles poñan moitas pegas no seu ladrocinio dos recursos i explotación das persoas e da natureza.

Mais nos tamén estamos a sufrir o engano deste sistema económico, ocal fundamento no consumo o seu motor de crecemento. Estasenos a dicir desde sempre, que canto máis se consuma máis emprego se crea, algo que ao mellor nalgún momento do capitalismo foi certo, mais xa van unhas cantas décadas, que iso non é mais que unha falacia. Desde os anos 70 do século pasado e sobre todo desde a caída do comunismo, os traballos cada vez precarizanse máis quer nas condicións laborais quer salariais e esa maior demanda de mercalorías, de produtos estase a producir cada vez con menos traballadores. 

Un caso que vale de exemplo o temos na Galiza coa automoción, onde desde vai xa uns cantos anos externalizase cada vez mais o traballo con todo o que significa, as condicións laborais cada vez son mais duras ano tras ano na empresa principal, menos obreiras-os e sen embargo ano tras ano producense mais carros cando non os mesmos. Poderiamos falar tamén das empresas de limpezas nos hospitais, dos supermercados ect...

Do mesmo xeito tamén  enganannos fundamentando no consumo o quid da felicidade. Milleiros de anuncios nos bombardean todo-los días por medio da vista e o oído, pra ofrecernos produtos intranscendentes, mais a publicidade os envolve de tal xeito, que non podemos renunciar a telos. Hoxe en día sabese que a maioría da xente que vai as grandes superficies comerciais, van sen saber que van comprar,  buscando ese produto que os faga ese intre felices. 

Pra maioría o maior subidón de felicidade acabase aos 5 minutos de pagar o produto na caixa e saír pola porta. Cando a RDA uniuse a RFA os casos de compradores compulsivos apareceron da noite a maña, producindo un problema pra o cal as autoridades de esa parte da nova Alemaña non estaban preparados, xa que no sistema socialista non tiñan esta clase de problemas. 

Compre sinalar que cada vez que abren un gran centro comercial o mesmo unha multinacional de algún ramo tipo IKEA, Leroy Merlin ect... enganannos falando dos postos de traballo que van xerar, mais a realidade como contan estudos de ONG e  de universidades, por cada posto que crean destruen dous, ademais de producir o peche de numerosos pequenos establecementos do ramo en un área de 15Km.

Porque todo este sistema económico baseado no consumismo o que esta a facer, é un desbalde dos recursos con todo o que significa, pra as persoas e o medio ambiente sobre todo, como dixen antes pra os países produtores que soen ser países ricos mais países empobrecidos. É indubidábel que todo isto vai ter consecuencias nefastas pra as xeracións futuras, como xa podemos prever, co cambio climático, a deforestación ou o problema dos residuos sobre todo o plástico e nucleares entre outros.

“O sistema económico actual é como un carro que vai sen condutor, a toda velocidade, sen freos e que ao final da recta vai irremediabelmente contra un muro” Serge Latouche.

Comentarios