Solucionarían algo unhas novas eleccións?

arealización de novas eleccións é unha das saídas aos atrancos que ten hoxe o PSOE, para formar un goberno feito á medida, se non consegue que aliados permanentes ou conxunturais lle faciliten a investidura. Non se trata só dunha teima de Pedro Sánchez, senón dos límites que se impuxo a socialdemocracia (social-liberal) cando aceptou o capitalismo. Malia que sexa un modelo matizado con políticas de solidariedade cos sectores excluídos, basea a democracia só na igualdade dos dereitos individuais e na representación delegada. 
Pedro Sánchez deixouno ben claro cando o fiou todo aos ditados da Unión Europea, a noite das eleccións. Neste escenario o fundamental é cadrar as contas, competir en baixos salarios e cunha menor presión fiscal, xa que, como é lóxico aínda que non sexa xusto e solidario, as políticas macro, aranceis e taxas, e a moeda única, están definida en función das principais potencias, e especialmente de Alemaña e países da súa orbita. Polo tanto, algunhas das propostas que fai Podemos, malia que non rachen co sistema, contradín a folla de ruta de Bruxelas (e das multinacionais españolas). Ese é o principal atranco para un goberno de coaligazón. E, a esta altura, este tampouco se podería conformar con Ciudadanos, porque virou moito á dereita, e ás diferenzas non son só respecto de Cataluña.
A cuestión de fondo é, que unhas novas eleccións sería moi difícil que resolveran este bloqueo. As enquisas máis favorábeis ao PSOE, danlle un aumento a costa de Podemos, mais para á maioría necesitaría tanto do apoio de UP como do soberanismo ou de parte del. Daquela, aínda que cun maior número de deputados/as estaría diante dunha situación máis complexa, tanto porque abriría novas fendas cos partidos dos que necesita un apoio (mesmo que sexa conxuntural), como porque unha nova convocatoria sería a esa altura unha alternativa imposíbel. 
Neste tira e afrouxa entre o PSOE e Podemos resulta obvio que o partido de Pablo Iglesias ten pouca marxe de manobra, xa que carece dunha forte militancia activa, incidencia organizada nos movementos de masas, e perdeu gran parte do seu poder municipal e autonómico. Polo que, para UP ser necesarios no Goberno central, e manter dentro del un perfil propio, é unha cuestión de supervivencia. Algo que sabe o PSOE, sendo un motivo máis para que rexeite un goberno de coaligazón, ofrecendo postos intermedios, sabedores de que así teñen menor repercusión pública, Aespecialmente nas disputas sobre aquelas posturas e medidas nas que existen diferenzas de criterio. 

Solucionarían algo unhas novas eleccións?

Te puede interesar