Sexan felices

áganme caso, sexan felices. Abandonen un tempo esas redes sociais con tan poucos amigos reais e tantos bulos, que expresan –de xeito desaforado– que a soidade é unha gran enfermidade actual.
Aproveiten estes días, faga ou non faga “un sol de carallo” que cantaban Os Resentidos. Aproveiten, porque van ter que desdobrase, non imos dar feito entre a segunda Beer Fest, que hoxe comeza no Cantón e un Ferrol Vello, que vai recibir a unha morea de barcos que veñen a promover o noso Camiño Inglés, “Sail the way” que din eles. Sumen o tríatlon e a feira.
Pasen hoxe tamén polo Derby ou este finde pola Room. Ah, saquen as súas camisetas de Far Away Place para este sábado á noite. Xa saben: we don’t walk, we run... e fagan un oco para o torneo europeo de baloncesto femenino en Esteiro e no Porta Nova, para o Cidade de Ferrol de xadrez.
Xentes de Ferrol, fáganme caso. Sexan felices porque a vida é de función única.
 

Sexan felices

Te puede interesar