A Santiago vou

É certo que nestas datas de nadal estivemos noutras cousas, pero procurei estar atento, máis non vin resposta ningunha á visita do alcalde de Coruña á Catedral de Santiago, acompañado polo seu amigo e tamén alcalde da capital. Manda truco, agora tamén hai Camiño Inglés desde María Pita. E disto que pensan desde o noso Concello? Evidentemente, a nova ruta vai ir en detrimento de Ferrol.
Non vou valorar a deslealdade dos alcaldes das Mareas co de Ferrol, si debemos preguntar como chegouse a isto. Ao final, o negocio é o negocio –parto do ateísmo destes alcaldes– e a miña tampouco é unha cuestión de fe relixiosa, pero si fe no noso, nun patrimonio cultural e turístico en beneficio de Ferrol. 
Acaso non hai resposta? A xestión municipal é moito máis que unhas conferencias da concelleira do ramo. Hai que poñerse as pilas e cun plan de choque que poña en valor o noso Camiño. Xa.
 

A Santiago vou

Te puede interesar