Praxes

Édifícil loitar contra as imaxes que se instalan na cabeza da xente. E a do Concello de Ferrol non é precisamente unha das boas, considérase xa este un mandato perdido. As leas internas dentro da esquerda estragou toda ilusión de cambio na política municipal.  Máis a esquerda sempre tivo unha querencia especial por esta, por ser a máis cercana á xente e por ser onde pór a andar ese modelo social alternativo, que ía converter aos concellos na base do novo estado social. 
Onde está o modelo de cidade, a xestión alternativa e superadora da vella praxe política? Esquecen que a xente ten que solucionar os seus problemas, que a vida busca sempre o seu andar e se non o hai ou está taponado, o inventa. Resulta necesario deixar atrás o labirinto a ningures. Hai un Ferrol vivo que di que hai un futuro que aínda non está escrito. Toca poñer xa as primeiras liñas dun novo municipalismo.
 

Praxes

Te puede interesar